Que é o Roaming?
O Roaming é o servizo que che permite falar e usar datos fóra de España. Xa que logo, para poderes usar o móbil no estranxeiro, precisas ter o
Roaming activado e a opción de “
itinerancia de datos” activada no móbil.
Se viaxas á Unión Europea e países asociados, non é necesario activar o Roaming, xa que se aplican as condicións da túa tarifa nacional, é dicir, non terás custos adicionais por utilizar os datos, nin por enviar ou recibir chamadas e mensaxes a países dentro desta zona .
- Se viaxas fóra da Unión Europea e países asociados, debes activar o roaming na túa liña. Recomendámosche que busques o teu destino no noso buscador de países para saber que servizos tes dispoñibles (Voz, SMS e Datos) e as súas tarifas.

Se tes pensado viaxar ao Reino Unido proximamente, informámoste de que a partir do 22 de xuño de 2025 este destino xa non estará dentro dos países asociados e, xa que logo, terás que activar o roaming e as túas chamadas e datos neste país terán custo.
Vou ao estranxeiro. Que teño que facer para poder usar o móbil?
o En Android, adoita estar en Axustes - Redes móbiles / Axustes - Máis…- Redes móbiles / Axustes - Máis opcións… - Redes móbiles.
o En iPhone: Axustes - Datos móbiles
- Selección de operador automática
- Se viaxas fóra da UE, comproba que teñas o roaming activado
- Cando chegues ao país de destino, o móbil conéctase automaticamente, non tes que facer nada.
Se prefires non usar o móbil no estranxeiro:
Podes desactivar o Roaming(coidado, con esta opción non poderás usar nin voz, nin datos).
Tamén tes a posibilidade de
desactivar só os datos no teu móbil e conectarte cunha rede wifi no teu destino, dese xeito poderás facer e recibir chamadas. Lembra que, se estás fóra da Unión Europea, estas chamadas supoñen cargos adicionais.
Lembra que o uso de datos inclúe, por exemplo, o envío/recepción de WhatsApp, a consulta en redes sociais ou a procura en mapas, á parte da navegación por Internet, entre outros.
Aquí tes exemplos do que pode supor este uso:
• Revisar o teu muro de Facebook durante 1 minuto: 1 MB
• Compartir 3 fotos en Instagram: 1 MB
• Unha canción en Spotify: entre 2 e 9 MB
• WhatApp – 1 audio de 1 minuto: 6 MB
Se queres coñecer as tarifas de roaming en R preme
aquí.Cal é o meu límite de datos se viaxo a un país da Unión Europea e asociados segundo a miña tarifa?
A UE fixa o prezo regulado do GB grosista e a posibilidade de estabelecer un límite de GB calculado en función do prezo por GB que teña a tarifa. O cálculo de máximo faise do seguinte xeito:
[Cota mensual Tarifa sen IVE / Prezo máximo GB (1,55 € dende xaneiro de 2024)] * 2
Por exemplo, se a túa tarifa é de 10 GB e o prezo sen IVE é de 7,44 € disporías de 9,6 GB.
[7,44/1,55]*2=9,6