comproba a túa cobertura de fibra
fibra de 500 Mb + fixo
móbil con GB ilimitados
Total TV +
fibra de 500 Mb + fixo
móbil con GB ilimitados
Fan TV
fibra de 500 Mb + fixo
móbil con GB ilimitados
Fan TV
fibra de 500 Mb + fixo
móbil con 25 GB
agora podes engadir o mellor entretemento con Netflix e Prime á túa tarifa de fibra + móbil GB infinitos + TV, ou gozar dos mellores deportes (LaLiga EA SPORTS, Fórmula 1®, a Premier League, MotoGP™) con DAZN. E todo ao mellor prezo!
fibra e móbil con Netflix + Max o Prime
fibra | móbil | tv | prezo | ||
---|---|---|---|---|---|
500Mb e liña fixa | GB infinitos e chamadas ilimitadas | Fan TV | 44,90 12 meses, despois 69,90 | ||
1Gb e liña fixa | GB infinitos e chamadas ilimitadas | Fan TV | 44,90 Despois de promos: 79,90 | ||
500Mb e liña fixa | GB infinitos e chamadas ilimitadas | Fan TV | 49,90 12 meses, despois 74,90 | ||
1Gb e liña fixa | GB infinitos e chamadas ilimitadas | Fan TV | 49,90 Despois de promos: 84,90 | ||
500Mb e liña fixa | GB infinitos e chamadas ilimitadas | y TV total | 56,90 12 meses, despois 81,90 | ||
1Gb e liña fixa | GB infinitos e chamadas ilimitadas | y TV total | 59,90 12 meses, despois 84,90 |
2.
2.
3.
3.
tentamos ofrecer tarifas con prezos finais, porque cremos que é máis sinxelo: como cliente, xa sabes o que vas pagar e a factura non cambia pasados uns meses. Agora ben, nalgúns combos R si podes gozar de promocións puntuais. Nestas ofertas R o que facemos é darche algún servizo sen custo durante un tempo para que o probes (ben máis velocidade na internet ou algunha opción de televisión). A cambio, podemos solicitarche unha permanencia concreta. E lembra que esta promoción é temporal, polo que pasado un tempo cobraríase o prezo normal.
como dicimos en Galicia, “cada un conta a feira segundo como lle foi”. É dicir, ninguén mellor que ti e a experiencia que tes connosco para valorar o servizo de R. O que si nos gustaría deixar claro é o traballo que facemos para tentar diferenciarnos doutros operadores:
ademais dos combos R, tamén contamos cun pack de fibra e fixo (sen móbil). Do mesmo xeito, sabemos que non todo o mundo necesita internet en casa, polo que en R tamén dispoñemos de tarifas de só móbil. En definitiva, non é obrigatorio contratar un combo R con fibra e móbil, senón que podes facelo de forma separada.
os combos R ou tarifas de fibra de R inclúen todos tanto un router con wifi 6, para que teñas a mellor cobertura e experiencia á hora de conectarte a internet na túa casa. Ademais, levas un teléfono fixo con 4.000 minutos a teléfonos fixos de toda España. E tamén liñas móbiles con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.
doutra banda, ofrecémosche gratis durante un mes en todos os combos de R o servizo de mantemento nube R, con cloud ilimitado para os teus arquivos, asistencia dun experto para axudarche cos teus dispositivos (como instalar unha impresora, como configurar un programa...) ou antivirus para os teus móbiles ou portátiles.
se queres televisión, contamos con combos onde ofrecemos este servizo. Coa opción de Ocio TV incluímos 90 canles, entre eles SkyShowtime, para que goces das mellores series, películas e documentais. Ademais, tes miles de horas de contidos dispoñibles en rebobina e un gravador na nube para os teus programas favoritos.
en R dispoñemos da mellor cobertura de fibra e móbil de Galicia. Levamos 25 anos despregando rede propia de fibra en Galicia e levando internet de alta velocidade por centos de concellos galegos. No relativo á cobertura móbil, ampliamos as antenas para que goces de velocidade 5G en case todo o territorio galego. Ademais, como sabes, temos acordos con diferentes operadores para darche a mellor cobertura móbil en toda España e cando viaxes ao estranxeiro, para estar sempre conectado.
os combos de R teñen internet simétrico. É dicir, terás fibra coa mesma velocidade de subida (upstream) que de descarga (downstream). Agora mesmo, as velocidades de fibra de R son dúas: 500 megas simétricos ou ben 1 Gb simétrico. Son conexións da internet perfectas para quen necesita un bo servizo de banda ancha ou ben para usuarios que necesiten teletraballar, que manden moitos arquivos ou teñan moitos dispositivos en casa conectados ao wifi. Estas velocidades simétricas da internet están condicionadas á cobertura, que xa está dispoñible en case toda Galicia.
en R pedímosche unha permanencia de só 3 meses. Por que? Moi sinxelo. É un prazo que nos parece xusto porque temos que enviar un instalador á túa casa para poder poñerche fibra, xunto cun router wifi 6 para darche a mellor cobertura wifi. Como imaxinarás, para R este proceso ten un custo. En todo caso, cremos que é unha permanencia mínima, onde nós poderemos amortizar parte do custo da instalación e ti, como usuario, poderás valorar as tarifas de fibra e móbil de R.
en R sabemos que é fundamental que, unha vez que solicitas o servizo da internet, o proceso sexa o máis rápido e áxil posible. Os prazos de instalación de fibra que adoitamos manexar son estes:
queres contratar?
asesorámoste gratis
de luns a venres de 9 a 21h e sábados de 9 a 14h.
chámanos al
900 825 868
chamámoste
c2c.popup.callTitle2
o máis buscado
outros servizos
enlaces de interese
axuda e contacto
© R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. 2025
Info LegalPolítica de privacidadeAviso legalPolítica de CookiesCalidade de servizoPlataforma de resolución de conflictosCanle de Éticaqueres contratar?
asesorámoste GRATIS