chámanos

ES

GL

Particulares

Autónomos e Empresas


Grandes Empresas

Particulares

Preguntas frecuentes de Disney+

Que é Disney+ dispoñible en R?

Disney+ é unha plataforma de streaming que podes gozar en R e que agrupa nun só lugar contido de Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e moito máis, para che ofrecer unha gran variedade de series coas que maratonar, documentais, curtas e películas en alta calidade.
A través das modalidades de Disney+ Estándar ou Disney+ Prémium tes a opción de descargar contido para poder velo cando o precises e sen conexión.
Ademais, poderás configurar ata 7 perfís e, en función do plan que contrates, gozar de 4 reproducións simultáneas.

En que dispositivos podo desfrutar de Disney+?

O primeiro dispositivo onde o podes gozar é no deco 4K con Android TV de R. É dicir, a través da televisión que che ofrecemos en R, entrando co botón do mando nas aplicacións.
Pero non só iso, senón que poderás ver os contidos de Disney+ nunha o teu móbil Android, nun iPhone, nas tablets de Android ou na de Amazon Fire e en calquera iPad. Por suposto tamén terás a opción de acceder nun computador con Windows 10 e 11.
Doutra banda, podes conectarche en calquera televisión, ademais de con o deco de R, con Amazon Fire TV, desde Android TV, Apple TV (4ª xeración e posteriores), Chromecast, Smart TV de Hisense, Smart TV de LG WebOS, Smart TV de Panasonic, PlayStation, Smart TV de Samsung Tizen, Smart TV con Titan VOS, Smart TV con TiVo VOS, Smart TV de Vestel e Xbox.

Como podo activar o meu servizo de Disney+ en R?

Logo de contratar Disney+ con R debes comezar o proceso de activación de Disney+ para poderes gozar de todos os seus contidos.
Para iso, recibirás un SMS e un correo electrónico cunha ligazón á túa Área Privada de R, onde atoparás un botón para activares a túa subscrición.
disney activar gl
Se é a túa primeira vez con Disney+, despois de rexistrarte mandaranche un correo de benvida.
Se xa pagabas Disney+, directamente a eles ou a outro provedor, indicaranche como xestionar a primeira subscrición de forma sinxela, para que unicamente se che facture a que actives connosco.
Elixe a continuación a opción que precises, sigue os pasos e comeza a gozar:

Activar Disney+ en R cunha nova conta de correo electrónico 

Despois de premer na ligazón da túa Área privada  de R para activares a subscrición, serás dirixido á web de Disney+. Só terás que seguir os pasos que che indiquen e crear a túa nova conta co correo electrónico que queiras. Cando remate a activación recibirás un correo de benvida de Disney.
disney activar 2 gl
Logo de completar os pasos anteriores, aparecerá a seguinte pantalla co teu contrato de subscrición. Deberás aceptar e xa poderás gozar de Disney+:
disney activar 3 gl

disney activar 4 gl

Activar Disney+ en R cando xa teño unha subscrición previa con Disney+ 

Despois de premer na ligazón da túa Área privada  de R para activares a subscrición, serás dirixido á web de Disney+.
Se vas rexistrar unha conta de correo que xa está activa con Disney e que estás a pagar directamente con cartón de crédito, débito ou PayPal, cando rexistres o teu enderezo de correo electrónico e contrasinal enviaranche unha mensaxe na que se informará da xestión da túa subscrición en función do plan que contrataras con R.
Se contrataches un plan maior ou igual ao que tiñas:
dende Disney porán a túa subscrición en pausa e non terás que facer máis nada. Non haberá límite de tempo para activala de novo e ficará así ata que a canceles.
disney activar 5 gl
Se contrataches un plan menor:
dende Disney enviaranche un correo electrónico para que poidas cancelar a subscrición que tiñas directamente con eles, co que se evitará que pagues dúas veces (a nós e mais a eles).
 
disney activar 6 gl
 Lembra que unha vez activada a subscrición de Disney+ con R, se posteriormente a cancelas ou modificas o plan actual a un plan inferior
ao que tiñas directamente contratado con Disney+, reactivarase a devandita subscrición de Disney+ e cobraránseche as dúas subscricións, a de R e mais a de Disney+.
Unha vez feito o cambio, chegarache un correo electrónico para informarche da continuación da facturación da subscrición de Disney+:
disney activar 7 gl
 

Activar Disney+ en R se xa teño unha subscrición que estou a pagar a outro provedor diferente a Disney+. 

Despois de premer na ligazón da túa Área privada  de R para activares a subscrición, serás dirixido á web de Disney+.
Se vas rexistrar unha conta de correo que xa está activa e pagas a outro provedor diferente (por exemplo, Google, Apple ou outro operador de telecomunicacións), dende Disney enviaranche un correo electrónico para que poidas cancelar a súa subscrición, co que se evitará que pagues dúas veces (a nós e mais a eles).
disney activar 8 gl

Esquecín o meu contrasinal ou correo electrónico de acceso a Disney+ e teño o servizo en R

Se non lembras o contrasinal ou correo electrónico da túa conta de Disney+ podes restabelecer o acceso dun xeito moi sinxelo.  Para iso, preme nesta ligazón 

Podo cambiar o meu plan de Disney+ con R?

Podes personalizar a túa oferta de Disney+ en R e cambiar de plan como mellor se adapte a ti en calquera momento. Tamén podes cambiar engadindo máis pantallas simultáneas e mellorar a calidade do streaming.
Pero lembra que se tes en pausa en Disney a subscrición coa mesma conta de correo que utilizaches para a activación con R e cambias agora a unha modalidade inferior á que Disney che facturaba (por exemplo de Disney Prémium a Disney Estándar), comezarás a pagar tamén a Disney se non tramitas a baixa desa subscrición.
Informaranche enviándoche un correo electrónico cunha ligazón para que poidas cancelar a subscrición que tes activada directamente con eles.
disney activar 7 gl

Que podo ver en Disney+ a través de R?

En Disney+ en R sempre terás algo que ver.
  • Novas películas, series e orixinais que non atoparás noutros servizos de streaming.
  • Clásicos de sempre e os últimos éxitos de Walt Disney Animation Studios.
  • Un catálogo cada vez máis amplo de entretemento xeral con comedias, dramas, crimes reais e moito máis.
  • Historias de Pixar que te han conmover.
  • A saga de Star Wars completa e gran parte do universo cinematográfico de Marvel.
  • Documentais de National Geographic, realities e moitísimo máis.
 

Como podo contratar Disney+ en R?

  • Contrata Disney+ elixindo a modalidade que máis se adapte ás túas necesidades (Estándar con anuncios, Estándar e Prémium).
  • Disney+ está dispoñible para as tarifas con fibra, datos ilimitados e TV. 
  • Para poder acceder a Disney+ precisarás activalo primeiro.
  • Lembra que máis adiante poderás cambiar o plan que elixiras sen problema dende a túa
    Área de Cliente de R. 
 

Poderei seguir vendo Disney+ fóra da casa?

Disney+ é moi fácil de usar se estás de viaxe ou se te desprazas. Usa Disney+ como fas habitualmente para ver contidos nos teus dispositivos portátiles (unha tableta, un ordenador portátil ou un teléfono móbil), ou inicia sesión nun televisor novo (por exemplo, o dun hotel ou un aluguer de vacacións).

Podo compartir a miña conta Disney+?

Calquera persoa que conviva contigo pode usar a túa conta de Disney+. As persoas que non convivan contigo deberán crear a súa propia conta para veren Disney+.

Como aparece Disney+ na miña factura de R?

O servizo de Disney+ aparecerá reflectido na túa factura como parte dos teus servizos de telecomunicacións. 
Se nalgún momento cambias o plan de Disney+, isto reflectirase segundo a modalidade que contrates.

Con quen teño que contactar se teño algunha dúbida sobre o servizo de Disney+?

Podes consultar as preguntas frecuentes que tes dispoñibles nesta páxina e ver a túa modalidade ou cambiar o plan que tes contratado na área privada de R .

Ata cando podo activar Disney+ unha vez contratado o servizo en R?

Dende que recibas o correo electrónico, poderás facelo cando queiras e dentro dos trinta días seguintes á recepción do correo electrónico e do SMS.

Que opcións teño para contratar Disney+ en R?

Podes contratar Disney+ de dúas formas diferentes

Ou podes escribirnos en redes sociais